
Data: 26.10.09
Hora inicio: 21.45h
Hora remate: 22.30h
Lugar: Campo de " Os Chans"
Directivos asistentes:
Jose Alberto Santos
Diego Rivas
Salvador Arufe
Francisco Suarez
j.L Ferro
J.L. Arceo
Javier Rodriguez
Orde do Día:
1.Socios e empresas
2. Rifas e calendarios
3. Plantilla
4. Carteles
5. Nenos
6. Mes Novembro traballos
7. Jarni e Fieiro.
8. Responsabilidade civil
Acordos por puntos:
1. Decidese o seguinte cobro dos socios para os días 1,6 e 7 de novembro de 2009.
2. Acordase facer unha cesta de nadal con rifas de 1 euro cada unha. Total 1000 rifas. Informase á directiva da posibilidade de facer uns calendarios por parte dos xogadores, o cal foi aceptado.
3. Informase da actualidade do plantel co fichaxe de Andrade nesta semana.
4. Notificase a necesidade de cobrar a publicidade dos carteis, xa que estes no ano 2008-09 non resultaron restantes e notificase que se este ano todo segue na mesma liña para o ano vai haber un cambio radical neste aspecto.
5. Acordase por unanimidade realizar o 1º CURSO DE INICIACION Ó FUTBOL para cativos. En vindeiras semanas porase máis información sobre esto.
6. Presentase e aceptanse os traballos de Novembro designados a cada directivo.
7. notificanse dous casos especiais:
O estado de jarni, xogador ó cal botan da mutua despois de dous anos lesionado.
O estado de Fieiro, o cal o Domingo pasado romperonlle o aparato dos dentes e que éste non é cuberto pola mutua de futbolistas nin pola seguridade social.
8. Acordase firmar un contrato con Maphre sobre a Responsabilidade Civil do clube. ( máis información en días vindeiros).