
A boa sorte que tivemos ata o momento coas lesións estase a convertir nun problema engadido nos últimos días, polo que hai varios xogadores descartados e outros son seria duda para o domingo enfrontarse o Bugallido C.F. Así a relación de mancados é a seguinte:
Fieiro será operado dun quiste Sacro o vindeiro Xoves polo que se perderá o que queda de tempada.
Victor Hugo entre algodóns por problemas de calcificación post-esguince.
Jamardo duda xa que está superando unha rotura de fibras no abductor esquerdo.
Bassem baixa por traumatismo en costelas.
Fernando, baixa, por sobrecarga crónica en abductores.
Dani Andrade, duda, por síndrome compartimental.
Miguel Penedo, duda por lumbalxia.
Desexamos a pronta recuperación de todos eles.
Tags: PLAGA, LESIONS, RIBASAR