
Hora comezo: 21:05horas
Directivos presentes:
Jose A.Santos
Diego Rivas
Salvador Arufe
J.L. Arceo
Francisco Suárez
Orde do día:
1. Socios
2. Empresas
3. Comida final tempada
4. Comida Día do Socio
5. Subvencións. Novidades importantes.
6. Cese directiva e proposicións de novas candidaturas.
7. Votación interna do novo conxunto da presentación de nova candidatura.
8. Mantemento Campo de Fútbol. Novas adquisicións e reestructuración de traballos.
9. Plantel e corpo técnico 2010-11.
Resolucións:
1. Actualización de Socios
2. Actualización de Empresas
3. Queda fixada a comida de fin de tempada dos xogadores para o día 8 de Maio de 2010 ás 14horas no campo de " Os Chans de Ribasar" salvo cambios de última hora.
4. Queda fixada a festa do socio do RIbasar C.F. para o día 12 de Xuño de 2010 a cal comezará as 14.30horas. Non haberá música despois da comida por problemas presupuestarios. A comida constará de pulpo e tenreira con guarnición a prezo de 18 euros socios e 25 euros non socios.Os tickets estarán a venda a partir da próxima semana. Máis información proximamente.
5. Dende a Deputación da Coruña se nos indica a reducción dun 32% a un 13% dos gastos de funcionamento directo da nosa entidade que nos provocará unha reducción importante no orzamento que se nos otorgue para 2010. A documentación das dúas subvencións que están agora por fallarse, están correctamente realizadas.
6. En próximos días, haberá escrito oficial do presidente da Entidade Ribasar C.F. co seu cese no cargo, para poder abrir o tempo legal para presentacións de novas candidaturas a xunta directiva.
7. Realizase votación interna e secreta dentro da xunta directiva actual para presentar a nosa candidatura no tempo establecido legalmente. Nesta, votaranse os novos cargos e como serán repartidos.
8. En próximas semanas colocarase barandilla exisida pola federación de fútbol diante dos vestiarios. Para verán, acabaranse os traballos non rematados no seu tempo no lugar da cantina e a fixación de valla externa do campo de futbol con cemento. En Maio, si o presuposto, nos permite realizalo, faremos un traballo de resembra do césped para lograr volver a situación de primeiros de tempada.
9. Dentro do plantel e corpo técnico; seguirá un ano máis o entrenador Salvador polo que comezaremos a preguntar un por un os xogadores a súa continuidade no equipo de fútbol.