
Fai un par de días recibimos a notificación por parte da mutualidade que a día 28 de Setembro de 2011 fixeramos un ingreso de 108€ pero que non enviaramos o boletín co xogador incluído no plantel e que polo tanto ata a data non estaba dado de alta na mutualidade de futbolistas.
Erro grave dende as dúas administracións públicas, xa que foi presentado en tempo e forma o pasado 28 de Setembro no Banco de Galicia o boletín de cotización pertinente.
Onte enviamos un escrito coa copia do boletín selada polo banco así como solicitando unha aclaración e xustificación ó erro cometido.
O xogador en cuestión era D. Adrián Castro Barreiro.
Tags: boletin, mutualidade, adrian, ribasar