Segunda victoria do Ribasar C.F. no seu feudo tras un bo partido perante un equipo moi dificil de gañar como o Rarís C.F. Bo tempo meterolóxico e boa asistencia de público ó campo de Ribasar para presenciar o encontro.
O partido comezou moi ben para o Ribasar, cando ós 30 segundos marcaba Miguel Penedo o 1-0 tras un disparo cruzado que sorprendeu a todos os espectadores no campo. Con este gol, MIguel Penedo entra na historia do Ribasar ó marcar o gol máis rápido da historia do equipo. Bo xogo, gran ritmo de traballo físico, pero sería no minuto 33 cando un mal rechace dentro da area local facía que un xogador rival marcara o 1-1 no marcador co cal nos fomos ó descanso.
Na segunda metade, seguimos traballando para gañar o encontro, e despois de algunhas ocasións erradas, sería no miunto 70 cando Javier Fieiro marca de volea o 2-1 para os nosos intereses. O Rarís vense arriba, e nunha boa contro do equipo local, Servilimp é agarrado por un rival dentro da area. Penalti e expulsión do xogador rival.No penalti marca Servilimp o 3-1 e a tranquilidade para a afección local.
O Rarís C.F. seguiríao intentando ata o final, pero os nosos defenderon perfectamente o noso marco para levarse os 3 puntos para o noso casilleiro.
Alineación titular:
1. Jorge
22. Jorge del Río
4. Cornes
3. Ismael
7. Fieiro
5. Cornes
21. Oskar
18. Rodiñas
11. Lois
17. Anxo
10. Miguel Penedo
Suplentes:
8. Fernando
14. VH
9. Servilimp
13. Adrián Castro
Tarxetas:
Amarelas: Miguel Penedo
Goles:
FMIGuel Penedo, Fieiro e Servilimp.
Adestrador: Jesús
Delegado: Diego Rivas