lunes, 14 de noviembre de 2011

btvribasar7258

Partido práctico e intenso en Brión perante o Bastavales U.D. Con outro estilo de xogo debido  ás numerosas baixas que o equipo tiña conseguimos levarnos os 3 puntos grazas o sacrificio e bo que facer dos nosos xogadores.

Na primeira parte dúas chegadas con perigo farían que nos puxeramos con un 0-2 na nosa vantaxe. Primeiro sería no minuto 29 cando unha boa xogada e disparo maxistral de Miguel Penedo poñía o 0-1 no marcador. 6 minutos máis tarde, nunha fermosa xogada por banda que remata Jorge del Río para colocar o 0-2 no electrónico.

Na segunda parte o Ribasar C.F. métese atrás para amarrar o resultado saíndo con perigosos contraataques que ningún deles acaban  debaixo das mallas que defendía Raúl. Así no minuto 19 da segunda metade, o árbitro pita un dubidoso penalti, moi protestado  polo nosos xogadores, que convertiría Félix para colocar o 1-2 no marcador e dar vida o Bastavales U.D.A partir de este minuto, o equipo local meteu moita presión e tivo ocasións para empatar o encontro, pero unha gran defensa e unhas extraordinarias paradas do noso porteiro Jorge impedían as táboas no marcador e a victoria para os nosos intereses.

Alineación titular:

1. Jorge

22. Jorge Del Rio

3. Ismael

4. Chacho

21. Oskar

20. Martín

7. Fieiro ( C )

17. Anxo

9. Servilimp

10. Miguel Penedo

8. Fernando

Suplentes:

13. Adrián Castro

14. VH

Goles de:

Miguel Penedo

Jorge Del Río

Tarxetas:

Miguel Penedo clave 9 minuto 88. 

Cambios:

Nº 14 por nº 9 minuto 67

Nº 13 por nº 17 minuto 80

Resultados outros encontros:


Tags: bastavales, ribasar, encontro, futbol, terceira, autonomica

Comentarios