Partido vibrante no campo de Os Chans no domingo das eleccións do 20-N. Moi bo ambiente nas gradas con moitos seguidores dos dous equipos.
Na primeira parte o C.D. Dodro foi superior ó noso equipo o que aproveitou para marcar dous goles. O primeiro, nunha desafortunada acción tras un centro dun rival que se cola sorprendentemente na porteria que defendía Jorge Souto. ( minuto 12). No minuto 23, o C.D. Dodro aumentaría a distancia no marcador, tras unha xogada que con dous rechaces acaba no fondo da rede.
Na segunda parte, cambio táctico e de xogadores do Ribasar C.F. que faría un maior aumento na presión para dificultar a salida do balón do equipo rival. O C.D. Dodro, dou uns cantos pasos atrás na súa liña de defensa o que provocaron as primeiras accións de perigo por parte do Ribasar C.F. Así no minuto 67. David Cornes marcaba o primeiro gol para o noso clube.
Canto máis apretaba o noso equipo, unha perfecta contra no minuto 73 facía o 1-3 para o equipo rival e a casi imposibilidade para remontar o partido. Ainda así o Ribasar sigueu intentando o sería no minuto 83 cando Ismael de falta directa recurtaba distancias para poñer o 2-3 no marcador.
O arbitro descontou 6 minutos e algúns segundos, minutos de moitisima tensión no campo de fútbol que deron o empate o Ribasar C.F. tras unha boa xogada que acaba nas botas de David Cornes, o cal cun regate o porteiro remacha a pracer para provocar o éxtasis no campo de Os Chans. Corría o minuto 95 de partido. Co desconcerto do equipo rival, o Ribasar C.F. tivo unha ocasión máis para levarse o partido nas botas de Miguel Penedo, pero non se convertiu en gol.
Final do partido e moita tensión no campo contra o colexiado que provocaron varias tarxetas e algunha expulsión.
Alineación titular:
1. Jorge Souto
4. Chacho
3. Ismael
7. Fieiro
21. Oskar
5. Cornes
22. Jorge del Río
11. Lois
20. Martín
17. Anxo
10. Miguel Penedo
Suplentes:
14. Vh
13. Adrián castro
6. Cañón
8. Fernando
9. Servilimp
Cambios:
Nº 8 por 22 minuto 70
Nº 9 por 11 minuto 70
Nº 6 por 20 minuto 75
Nº 13 por 17 minuto 76
Goles de:
David Cornes: 2
Ismael Arufe: 1
Tarxetas locais: 0
Tarxetas visitantes: 8
Expulsión nº14 do visitante unha vez rematado o encontro.
Expulsión do adestrador do C.D. Dodro unha vez rematado o encontro.