Jueves, 29 de septiembre de 2011

Reunión número 1 da tempada 11.12 da directiva Ribasar C.F.

Lugar: Campo e Fútbol de Ribasar

Día: 20-9-11

Hora comezo: 22horas.

Hora peche: 23:30horas.

Directivos presentes:

José Alberto Santos Ferreiro

Diego Rivas Beis

José Luis Arceo Costa

Francisco Suárez Cambre

Orde do Día:

1. Estado de Contas

2. Socios

3. Partidos e organización.

4. Ideas

5. Material Plantel

6. Empresas.

7.Rogos e preguntas.

Resolucións:

1. A situación das contas do Ribasar están en 703 euros de saldo. Ponse especial atención en que queda por pagar 132 euros de luz do mes de Julio e Agosto e o gastado en auga durante os meses de verán polo riego do céspede. Para finais do mes de Outubro vén un pago importante e 401 euros correspondente ó pago da Responsabilidade Civil do Clube.

2. No tema dos socios convocase a todolos directivos para os dous primeiros fin de semana de Outubro de 2011 para cobrar os socios casa por casa.

3. A partir do día 25 de Setembro de 2011 comezará a liga, polo que será imprescinible a colaboración de todolos directivos para o correcto funcionamento da entidade. Quedan pendentes uns cantos apartados a amañar dentro do campo de fútbol para realizar nas vindeiras semanas que se convocaran oportunamente.

4. Solicitase que neste mes vindeiro, cada directivo faga unha lista de posibles ideas para conseguir cartos para financiar o proxecto.

5. O material para o plantel este ano constará de:

Polo vermello (Outorgado Ribasar C.F.)

Sudadera (outorgado Ribasar C.F.)

Zapatillero ( este ano non se entregaráGui?o

Camiseta Entrenamiento ( Outorgado Ribasar C.F.)

Medias ( Outorgado Ribasar C.F.)

Pantalón (Outorgado Ribasar C.F.)

Camiseta Oficial con número propio para a tempada ( Outorgado Ribasar C.F.)

Opcional:

Chándal: Valor 40 euros

Novidade 11.12

Chuvasqueiro: 12 euros

Mochila grande Softee: 8 euros.

Camiseta técnica Ribasar C.F.: Outorgada por Ribasar C.F.

6. En canto  ós donativos por publicidade de empresa  acordase baixar os prezos de saída ó público. Pronto desvelanse os prezos. En momentos de crise tal como este ano 2011, trataremos de realizar 10 empresas novas.

7. Queda pendente unha reunión cos capitáns do equipo para manifestar as nosas ideas para esta tempada 2011-2012.


Tags: reunion, acta

Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios