Jueves, 29 de septiembre de 2011

CCI29092011_00000

Despois de varios meses de espera, o Ribasar C.F. xa conta oficialmente con nova directiva para as súas vindeiras campañas.

Dende o 30 de Maio de 2011 o presidente da entidade solicitaba o cambio obligado na súa xunta Directiva, onde o secretario era cesado  por non cumprir as obrigas marcadas no artigo 14 dos estatutos propios da entidade. A día 21 de Setembro, tal e como estipula a imaxe que mostramos arriba, D.Diego Rivas Beis pasa a ser secretario oficial despois de estes meses estar en funcións. Así mismo, D.José Luis Ferro Iglesias pasa a ocupar o posto de Tesoureiro da entidade.

Un novo proxecto, novas ilusións e meses por diante de duro traballo nesta tempada 11.12.

Grazas a todolos que confiades en nós para facer posible un proxecto que se iniciou en 2006 e que segue en pé grazas á xente que colabora e ós directivos que traballan arreo día a día por manter  un soño vivo.


Publicado por albertosantos @ 16:28  | Novas do clube
Comentarios (0)  | Enviar
Comentarios