Viernes, 30 de septiembre de 2011

DPP_0028

Primeiro partido de liga e explendida victoria perante un rival duro como o C.D. Rois nun dos derbis máis importantes da 3º autonómica grupo 7. Un ambiente excelente con máis de 300 persoas no campo de fútbol de " Os Chans". Gracias a todalas persoas que acompañantedes o evento.

O partido comezaba 15 minutos tarde porque o arbitro non chegou a tempo o citado encontro por culpa da Volta ciclista a Galicia. Dende a directiva do Ribasar C.F. por primeira vez se utilizou o número de emerxencias que dispoñemos dende o ano pasado pola Federación Galega de Fútbol.

O partido, na súa primeira metade, tivo un nome e foi o do Ribasar C.F. Bo xogo, dinámica e control de balón que fixo que ó descanso foramos co 2-0 ó marcador, resultado que pudo ser máis abultado pois tivemos ocasións claras de gol que non materializamos. No minuto 14, unha boa xogada culminaa Miguel Penedo cun excelente tiro cruzado que poñía o 1-0 no marcador. No minuto 22, o porteiro rival fai un penalti moi protestado polo C.D. Rois que convertía Miguel Penedo para poñer o 2-0 no marcador.

Na segunda metade, o Ribasar C.F. meteuse un pouco atrás e empezou a defender máis que a atacar. Esto provocou máis oportunidades para o C.D. Rois, pero un excelente Jorge, fixo que o marcador quedara con 0 goles.

Nos minutos de desconto dúas expulsións para o número 10 do C.D. Rois por propinar unha patada sin opción de xogar o balón e ó número 4 por protestar airadamente ( según acta arbitral) a decisión da expulsión do seu compañeiro.

Alineación titular:

1. Jorge

2. Jorge Del Rio

3. Ismael

4. Chacho

5. Cornes

6. Oskar

7. Fieiro

8. Lois

9. Marcos

10. Miguel

11. Anxo

12. VH

13. Cañón

14. Daniel Servilimp

15. Martín Lueiro

Entrenador: Jesus

Delegado: Javier Vidal

Tarxetas Amarelas:

Chacho por clave 7 minuto 65

Marcos Penedo clave 10 minuto 78

Cañón clave 7 minuto 86.

Goles de :

Miguel Penedo 2 goles

Lesionados:

Marcos Penedo, cun golpe no nocello dereito que o pón en dúbidas para disputar o seguinte partido perante o S.R.Pazos.


Comentarios